NOVAS ACTIVIDADES CURSO 2015-2016

cantos-taberna-acompanamento-gaita-1

Posted in Sen categorizar

CURSO 2015-2016

Cartel_actividades 2015-16

Posted in Sen categorizar

XIII FESTIVAL DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL ALEIVOSÍA

A agrupación de baile e música tradicional  Aleivosía pertencente á Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo dentro da programación do Verán Cultural 2015 realizará o vindeiro  día  8 de  agosto   o  XIII  Festival de baile e música tradicional  Aleivosía   a partires das  21:30 h na praza  de  Rafael  Dieste (Rianxo) no que participarán  as diferentes agrupacións que conforman Aleivosía cun total de 10 agrupacións formadas por nenos  e  maiores de entre 3 a 60 anos de idade que ofertarán unha noite chea  da mellor esencia da cultura tradicional con bailes, pandereteiras, gaiteiros…

E ti vas quedar na casa?  ANÍMATE A  VIR 

cartaz baixa calidade

Posted in Sen categorizar

RIFAS XIII FESTIVAL BAILE E MÚSICA TRADICIONAL ALEIVOSÍA

A PARTIR DA SEMANA QUE VEN TEREMOS Á VENDA ESTAS RIFAS PARA O SORTEO QUE IMOS REALIZAR DE DIFERENTES PRODUTOS GALEGOS ( PENDENTES E COLAR CON ADEREZO PARA LUCIR CO TRAXE TRADICIONAL, PANDEIRETAS, CESTAS CON LICORES, QUEIXOS GALEGOS…)

                                     rifas
     
                                                               E TI VAS QUEDAR SEN ELA? 

Posted in Sen categorizar

O Patrocinio 2015

cartazO vindeiro día 25 de abril imos celebrar o VII Serán do Patrocinio a partires das 17:00 h, este modesto serán nace como recuperación dunha festa tradicional da nosa vila esquecida no tempo e pretende darlle ao lugar de Rianxiño(Rianxo) a festa que se merece recuperando as antigas festas con gaiteiros, pandereteiras, bailadores, boa comida e bebida.

Por iso todos os anos tres semanas despois da semana Santa como manda a tradición celebrase o Serán do Patrocinio no lugar de Rianxiño (Rianxo) na honra de San Xosé.

cartaz informativo (1)

Programación detallada

O noso serán é unha pequena foliada como as de antes na que disporemos de amplificación para os músicos que o desexen pero tentamos facer un serán ao uso como os de toda a vida, no torreiro da festa. E para coller folgos os grupos convidados terán un refrixerio. Ademais todos os asistentes poderán degustar as tradicionais papás de arros e como novidade este ano chocolate quente e rosca de balde.

ESPERÁMOSCHE!!!

Posted in Sen categorizar