Fogo Fatuo

A Asociación Sociocultural Fogo Fatuo nace no ano 2008 como unha entidade que pretende divulgar a cultura tradicional galega e ofertar actividades de lecer. Dende os seus comezos integra diferentes agrupacións dentro dela como pode ser a agrupación de baile e música tradicional Aleivosía ou os gaiteiros Fogo Fatuo.

Fogo fatuo ven organizando diferentes actividades dende os seus comezos tales como:

Festa do Magosto – Samain (dende o ano 2008 ata a actualidade) para impulsar as tradicións celtas da nosa terra.

Serán do Patrocinio (Rianxiño):dende o ano 2009 a Asociación comezou a recuperar unha festa que co paso dos anos deixou de celebrarse, cada ano no lugar de Rianxiño( RIANXO) celebramos o Serán do Patrocinio.

Festival de baile e música tradicional Aleivosía celebrado dende o ano 2002 no verán, nel faise un pequeno espectáculo con bailes e músicas tradicionais de toda a xeografía galega

Festival de Nadal Aleivosía onde se ofrece un pequeno espectáculo de panxoliñas e reices de Nadal.

Xornadas e exposicións do traxe tradicional galego:

* No local da Asociación( 2010)

* No C.e.i.p A.D.R.Castelao Rianxo( 2011)

* No C.e.i.p Ana Mª Diéguez , Asados( Rianxo)(2012)

Exposición de pinturas ao óleo e esculturas do pintor rianxeiro TANTINO( no local da asociación abril 2012)

Roteiros de sendeirismo polas aldeas de Rianxo( 2009)

Organización do Certame- Concurso de música tradicional: Concurso das modalidades de gaiteiro solista, cuarteto e pandereteiras no ano 2007 e 2009

Excursións:

* A Coruña, partido da selección galega(2009)

*Baiona(2009)

*Oleiros(2010)…

Actividades de animación colaborando coa área de cultura do concello de Rianxo:

* Monitores de tempo libre( 2010)

* Animación na rúa( Nadal 2010-2012)