O Patrocinio 2015

cartazO vindeiro día 25 de abril imos celebrar o VII Serán do Patrocinio a partires das 17:00 h, este modesto serán nace como recuperación dunha festa tradicional da nosa vila esquecida no tempo e pretende darlle ao lugar de Rianxiño(Rianxo) a festa que se merece recuperando as antigas festas con gaiteiros, pandereteiras, bailadores, boa comida e bebida.

Por iso todos os anos tres semanas despois da semana Santa como manda a tradición celebrase o Serán do Patrocinio no lugar de Rianxiño (Rianxo) na honra de San Xosé.

cartaz informativo (1)

Programación detallada

O noso serán é unha pequena foliada como as de antes na que disporemos de amplificación para os músicos que o desexen pero tentamos facer un serán ao uso como os de toda a vida, no torreiro da festa. E para coller folgos os grupos convidados terán un refrixerio. Ademais todos os asistentes poderán degustar as tradicionais papás de arros e como novidade este ano chocolate quente e rosca de balde.

ESPERÁMOSCHE!!!

Posted in Sen categorizar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*