RIFAS XIII FESTIVAL BAILE E MÚSICA TRADICIONAL ALEIVOSÍA

A PARTIR DA SEMANA QUE VEN TEREMOS Á VENDA ESTAS RIFAS PARA O SORTEO QUE IMOS REALIZAR DE DIFERENTES PRODUTOS GALEGOS ( PENDENTES E COLAR CON ADEREZO PARA LUCIR CO TRAXE TRADICIONAL, PANDEIRETAS, CESTAS CON LICORES, QUEIXOS GALEGOS…)

                                     rifas
     
                                                               E TI VAS QUEDAR SEN ELA? 

Posted in Sen categorizar

O Patrocinio 2015

cartazO vindeiro día 25 de abril imos celebrar o VII Serán do Patrocinio a partires das 17:00 h, este modesto serán nace como recuperación dunha festa tradicional da nosa vila esquecida no tempo e pretende darlle ao lugar de Rianxiño(Rianxo) a festa que se merece recuperando as antigas festas con gaiteiros, pandereteiras, bailadores, boa comida e bebida.

Por iso todos os anos tres semanas despois da semana Santa como manda a tradición celebrase o Serán do Patrocinio no lugar de Rianxiño (Rianxo) na honra de San Xosé.

cartaz informativo (1)

Programación detallada

O noso serán é unha pequena foliada como as de antes na que disporemos de amplificación para os músicos que o desexen pero tentamos facer un serán ao uso como os de toda a vida, no torreiro da festa. E para coller folgos os grupos convidados terán un refrixerio. Ademais todos os asistentes poderán degustar as tradicionais papás de arros e como novidade este ano chocolate quente e rosca de balde.

ESPERÁMOSCHE!!!

Posted in Sen categorizar

O Patrocinio 2014

Cartaz_FogofatuoO vindeiro día 10 de maio imos celebrar o VI Serán do Patrocinio a partires das 17:00 h, este modesto serán nace como recuperación dunha festa tradicional da nosa vila esquecida no tempo e pretende darlle ao lugar de Rianxiño(Rianxo) a festa que se merece recuperando as antigas festas con gaiteiros, pandereteiras, bailadores , boa comida e bebida.

Por iso todos os anos tres semanas despois da semana Santa como manda a tradición celebrase o Serán do Patricinio no lugar de Rianxiño (Rianxo)na honra de San Xosé.

O noso serán é unha pequena foliada como as de antes na que disporemos de amplificación para os músicos que o desexen pero tentamos facer un serán ao uso como os de toda a vida, no torreiro da festa .

E para coller folgos os grupos convidados terán un refrixerio. Ademais todos os asistentes poderán degustar as tradicionais papás de arros de balde.

Posted in Sen categorizar

Alvariza en concerto

CartazAlvarizaO domingo 4 de maio ás 19.00h no Auditorio de Rianxo, Alvariza presenta o seu novo disco: “Once Badaladas”.

Podedes mercar as entradas no mesmo día 1h antes no Auditorio ou calquera día en Manualidades Acuarela. Coas entradas entras nun sorteo de 2 CD’s do grupo.

Posted in Noticias, Portada

Agradecementos

1238269_583507865025597_474113644_nDespois de pasado o festival so queremos dar grazas a tod@s os asistentes e aos que non puideron estar pero que nos acompañaron co sentimento.
Non queremos esquecer o traballo de toda a directiva así como de tod@s os pais/ nais e familiares que nos axudaron a montar, desmontar… GRAZAS POR SEMPRE ESTAR CANDO SE VOS NECESITA.
Agradecer o traballo dos mestres e mestras que fan que os cativ@s e non tanto nos fagan desfrutar dos bailes e cancións.
E tamén a todas as agrupacións que conforman Aleivosía dende os máis cativiñ@s aos maiores que cada vez somos máis.

E o noso agradecemento á gran FAMILIA FOGOFATUO dicimos familia porque é como nos sentimos grazas por todo o voso apoio e grazas tamén á xente de Rianxo por transmitirnos os seus parabens, por acompañarnos e por desfrutar co noso traballo

MOITAS GRAZAS POR TODO E VEMONOS NA PRÓXIMA!!!!!!!

Posted in Noticias, Portada