XI Festival Aleivosía

cartazFestival2013

A Agrupación de baile e música tradicional  Aleivosía pertencente á Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo dentro da programación do Verán Cultural 2013 organiza o  vindeiro día 24 de  agosto   o  XI Festival de baile e música tradicional  Aleivosía   a partires das  21:30 h na praza  de  Rafael  Dieste (Rianxo) no que participarán  as diferentes agrupacións que conforman Aleivosía cun total de 7 agrupacións formadas por nenos  e maiores de entre 3 a 50 anos de idade que ofertarán unha noite chea  da mellor esencia da cultura tradicional con bailes, pandereteiras, gaiteiros…

E TI VAS A PERDELO!!!!!!!

Posted in Sen categorizar

O Patrocinio 2013

Cartaz

O vindeiro día 20 de Abril imos celebrar o  V Serán do Patrocinio a partires das 17:00 h, este modesto serán nace como recuperación dunha  festa tradicional da nosa vila  esquecida no tempo e  pretende  darlle ao   lugar de Rianxiño(Rianxo) a festa que  se merece  recuperando  as antigas  festas con gaiteiros, pandereteiras, bailadores ,  boa comida e bebida.

Por iso todos os anos tres semanas despois da semana Santa como manda a tradición celebrase o Serán  do Patricinio no lugar de Rianxiño (Rianxo)na honra de San Xosé.

O noso serán é unha  pequena foliada como as de antes na que disporemos de amplificación para os músicos que o desexen  pero tentamos facer un serán ao uso como os de toda a vida, no torreiro da festa .

Por iso convidámosvos a que vos acheguedes ao noso pequeno Serán para festexar todos xuntos e vivir a música e o baile tradicional. Non fai falla que vos anotedes antes senón que  ao chegar á festa poderedes tocar e bailar como se facía antigamente.

E para coller folgos os grupos convidados terán un refrixerio.

Anímate a participar!

Posted in Portada

O TEMPO DO PÁJARO PINTO

Cartaz

O tempo do pájaro pinto é unha obra teatral que se estrea este Domingo día  7 de abril e que lle rinde homenaxe a Andres Martínez ” PANCHO”, obra escrita por el mesmo e que non puido ver estrear, por iso agora rendimoslle homenaxe coa adaptación da súa obra, na  que confiou nas nosas pandereteiras dende as escoitou cantar nos pinchos da estrea da obra SEMPRE EN RIANXO: O SOÑO DO BARBEIRO precisamente a canción que lle da nome a esta obra teatral. Por iso tal e como llo fixo saber queria que elas estivesen dentro de esta obra.

ESPERAMOSVOS !!!!!!

Posted in Portada

Rifas do Patrocinio 13

Cartaz

Xa temos á venda as rifas para colaborar coa festa do Patrocinio 2013 sortearemos diversos agasallos 

E TI VASTE QUEDAR SEN ELAS!!!!!!!!!!

Posted in Portada

Felices festas

Cartel_actividades.resized

A Asociación Sociocultural Fogo Fatuo deséxaslles un BO NADAL!

Posted in Portada