XIII FESTIVAL DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL ALEIVOSÍA

A agrupación de baile e música tradicional  Aleivosía pertencente á Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo dentro da programación do Verán Cultural 2015 realizará o vindeiro  día  8 de  agosto   o  XIII  Festival de baile e música tradicional  Aleivosía   a partires das  21:30 h na praza  de  Rafael  Dieste (Rianxo) no que participarán  as diferentes agrupacións que conforman Aleivosía cun total de 10 agrupacións formadas por nenos  e  maiores de entre 3 a 60 anos de idade que ofertarán unha noite chea  da mellor esencia da cultura tradicional con bailes, pandereteiras, gaiteiros…

E ti vas quedar na casa?  ANÍMATE A  VIR 

cartaz baixa calidade

Posted in Sen categorizar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*